Paperback, 247 pages

galego language

Published by Boadicea Editora.

ISBN:
978-84-125812-1-8
Copied ISBN!
4 stars (8 reviews)

Joe Chip viaxa cun grupo de antipsíquicos a Luna co fin de solucionar os problemas que sofre a emprsa do seu xefe, Glen Runciter pero caen nunha trampa mortal trazada por telépatas infiltrados. Ao seu retorno á Terra, no funeral de Runciter, o grupo decátase de que a realidade vai cara a atrás e atopa mensaxes do defunto en lugares insospeitados. Cando os seus compañeiros e compañeiras comezan a morrer, Joe Chip dá en se cuestionar o que hai detrás: será a obra dunha nova axente con estraños poderes?, ou tratarase dun inexplicábel engano?, talvez sexan eles os mortos? A única resposta ten que ver cun estraño produto coñecido como Ubik.

28 editions

Vinte anos despois a relectura no defrauda

5 stars

Cando tiña vintepoucos anos deume moi forte por Philip K. Dick, pero moito. Leín compulsivamente case todo o que había en castelán e además cada verán durante varios anos relín a marabillosa biografía de Emmanuel Carrère sobre PKD. E de todo o que lin del Ubik está nun top 3 canda Valis e The man in the high castle do que non podería escoller un favorito. Coa escusa da nova tradución ao galego decidín reler Ubik cun certo medo. E se a tiña idealizada e agora xa non a desfrutaba tanto? Afortunadamente non foi tal. Agora nos meus corenta e tantos Ubik é tan disfrutábel ou máis. E neste mundo de hoxe as constantes teimas dickianas sobre que é a realidade son máis actuais ca nunca.