ghose 📚 reviewed Piranesi by Susanna Clarke
Lectura inmersiva 🥁
4 stars
sentinme atrapado pola Casa (o Mundo) de Piranesi, polo xeito en que describe todos os seus currunchos, as proporcións dos espazos, as alegorías que representan os elementos decorativos, os meteoros, a súa relación coa Casa, como se sinte agradecido e bendecido, como comparte (ao seu xeito) esas bendicións.
Que en dous días lese a novela xa fala do xeito en que me metín nela.
A historia... non vou contar nada para non quitarlle a emoción do descoñecido e de onde procede todo ese fluxo de pensamento compartido en primeira persoa.
Quizás algo positivo pero que no momento me fixo dubidar: durante unhas cuantas páxinas tiven a impresión de estar lendo unha novela de Dan Brown, diosmeperdone, pero non, non tirou por esa parte, se non por salientar a beleza e a bondade.