ghose 📚 reviewed Unforgiving Hours by Shannon Hogan
Motivador, inspirador, non fala de xestas físicas, se non de amizade, humildade, respeto,…
4 stars
son dez historias sobre PERSOAS que participan en eventos/actividades deportivas que «duran moitas horas/días». A dificultade física é secundaria, a dificultade son os meses/anos que leva prepararse para participar, APRENDER, sobre un mesmo e respetar a natureza (o espazo, o tempo e a un mesmo).
Lin case todas as historias, sentíndome algo máis preto dunhas que de outras. Sexa en bicicleta, navegando, correndo, nadando, camiñando,... todo está unido por un denominador común: ter un obxectivo e ir a por el. Estas persoas non acadan fama nin fortuna, «só» o recoñecemento da pequena tribu á que pertencen.
Os relatos non se centran na «fazaña física» de ter conseguido (ou non) o obxectivo, se non que se adentra en como pensan esas persoas, que as move, como cadran estas aventuras nas súas vidas de 9 a 5.
Gustáronme a historia inicial (que xa coñecía) sobre a EXPLOSIÓN de alegría que …
son dez historias sobre PERSOAS que participan en eventos/actividades deportivas que «duran moitas horas/días». A dificultade física é secundaria, a dificultade son os meses/anos que leva prepararse para participar, APRENDER, sobre un mesmo e respetar a natureza (o espazo, o tempo e a un mesmo).
Lin case todas as historias, sentíndome algo máis preto dunhas que de outras. Sexa en bicicleta, navegando, correndo, nadando, camiñando,... todo está unido por un denominador común: ter un obxectivo e ir a por el. Estas persoas non acadan fama nin fortuna, «só» o recoñecemento da pequena tribu á que pertencen.
Os relatos non se centran na «fazaña física» de ter conseguido (ou non) o obxectivo, se non que se adentra en como pensan esas persoas, que as move, como cadran estas aventuras nas súas vidas de 9 a 5.
Gustáronme a historia inicial (que xa coñecía) sobre a EXPLOSIÓN de alegría que causou a persoa que chegou con menos marxe dentro do tempo de corte WSER100, literalmente tiña a pel de galiña. Lonxe estou eu dese nivel, pero estas historias sempre teñen elementos que traspasan os niveis, son sentimentos e sensacións comúns a todas as persoas.
Tamén a da nadadora en xeo (!), porque a autora aproveita nestas historias para falar de humanidade e respeto
Long-distance sports aren’t a matter of life and death. However, if they reveal the way women’s health has often been neglected by science, perhaps endurance sports are more important than they appear. In the matters of cultural conversation, long-distance sports are vitally important. Long-distance sports can reset assumptions about appearances.
o anterior referido a unha muller cuxa aparencia non cadraba co que o doutor esperaba ver e contradicía aos informes médicos (e ao BMI): que era unha put* máquina de muller.
A autora, cun CV impresionante, non conta ningunha das súas vivencias, se non que pon o foco nesas outras persoas anónimas que fan cousas impresionantes e motivan a millóns de persoas a imitalas (como a historia do Ironman). Non todas temos a capacidade física e mental, nin o desexo, para organizar a vida arredor destas actividades, pero cando animas e aplaudes non o fas en balde:
Watching amateur sport offers deliverables to those of us bearing stress and woe. There is merit in the mirth of cheering at No Hands Bridge or through Twin Lakes. Watching athletes move through aid stations can skate you off the puck of worry and ennui. There is brightness in watching a swim tracker all weekend. There is giddy hope in checking updates from the Barkley Marathons for 59 hours and 58 minutes to follow Jasmin Paris’ first female finish on the Frozen Head State Park course. The prosocial behavior of applauding the kiddos who run the ten kilometer November Turkey Trot event in our hometowns—long, long-distance when you are in elementary school—never takes more than it returns.
É un libro que podes ter aí pousado e un día les unha historia, nunha viaxe outra,... ou o día antes da túa primeira maratón.
Edito para engadir o episodio de Trail Runner Nation onde conversaban coa autora Shannon Hogan.
