o clan das barbies

Hardcover

galego language

Published by xerais.

ISBN:
978-84-1110-607-8
Copied ISBN!
3 stars (2 reviews)

Un tempo futuro onde a baixa natalidade é unha preocupaxión global. Dúas mulleres e un home na sala de espera da Clínica Eva. Non se coñecen, pero este encontro fortuito será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe.

1 edition

Distopía sobre o uso dos corpos femeninos

3 stars

Por algún sitio lin que a autora se inspirou no conto da criada de Margaret Atwood. O libro sitúanos nun futuro próximo onde os corpos das mulleres son obxecto de compra-venta, sobre todo para a procreación. Ao principio custoume entrar na trama, pero da metade para adiante léese do tirón. Ademais, partindo dunha situación moi deprimente, as personaxes vanse empoderando (e ata aí podo contar). Recomendo a súa lectura. É o primeiro libro que leo de Antía Yáñez, pero a súa lectura anímame a ler máis cousas desta autora, por exemplo, «Non penses nun elefante rosa».