Peregrino transparente

Paperback, 256 pages

Published by Periférica.

ISBN:
978-84-18838-62-0
Copied ISBN!

View on OpenLibrary

(2 reviews)

1 edition

un libro de viaxes pola idiosincrasia, historia e natureza colombiana

A novela está moi ben escrita, usa unha linguaxe coidada e nada presuntuosa. O autor non se fai un autohomenaxe. Axudaría á comprensión da novela, e a apreciala aínda máis, se coñecese tan siquera minimamente a historia política de Colombia no século XIX. Non é isto impedimento para desfrutala, se non unha oportunidade para aprender. Da trama, do narrado, non digo nada que non apareza na sinopse. Podería dicirse que é o caderno de viaxe dunha expedición xeográfica escrito a varias mans, estando unha delas no presente. Así como describe con precisión paraxes, a flora e a meteoroloxía, do mesmo xeito se aproxima ás diferentes persoas que atopan na expedición. A súa consideración como suxeitos de dereito é tema de debate na expedición e así se describe na novela. O estrato social, económico e político resulta tamén nun retrato paralelo ao anterior dando forma á reflexión subxacente sobre …