Conan V

244 pages

Galego language

Published by Urco.

ISBN:
978-84-15699-21-7
Copied ISBN!
5 stars (1 review)

Dámosvos a benvida á derradeira e máis grande das aventuras de Conan de Cimmeria, que foi bárbaro, mercenario, pirata, aventureiro e mil cousas máis. Logo de se converter en rei de Aquilonia, verá o seu trono ameazado polos poderes escuros dun feiticeiro traído de novo á vida desde os abismos do tempo e que naceu miles de anos atrás no reino perdido e abominábel de Aqueron.

Conan terá que percorrer de novo unha boa pate de Hyboria, onde lembrará as diferentes vidas da súa xuventude, para acadar o único obxecto de poder co que se enfrontar ás artes nigrománticas do seu peor inimigo.

Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntase a única novela longa deste personaxe que Howard escribiu en vida e que pon fin ás súas aventuras segundo …

1 edition

Até sempre, Conan

5 stars

Derradeira entrega desta recopilación cronolóxica das historias de Conan. Contén a única novela do Cimmerio e dá unha certa mágoa pensar onde podería ter chegado esta saga se Howard non se aplicase unha dose de chumbo nos miolos sendo tan novo. Aquí remata tamén o meu proxecto de ler todo Conan en orde, algo recomendísimo para calquer fan da fantasía.