244 pages

Published by Urco.

ISBN:
978-84-15699-20-0
Copied ISBN!
5 stars (1 review)

Eis o cuarto volume da mítica historia de Conan de Cimmeria, onde, logo das máis variadas e perigosas aventuras como ladrón, soldado, pirata e un milleiro máis de profesións, chega a se converter en monarca dun reino civilizado.

Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse catro historias deste personaxe, continuando a cronoloxía interna da obra que comezamos no primeiro tomo desta colección.

Contidos:

Cravos vermellos

As xoias de Gwahlur

O fénix na espada

A cidadela escarlata

1 edition

reviewed Conan 4 by Robert E. Howard (Biblioteca Howard Dixital, #4)

Do mellor Conan

5 stars

Contén os relatos: Cravos vermellos, As xoias de Gwahlur, O fénix na espada e A cidadela escarlata. Seica o tomo máis próximo ao clixé de Conan que podemos atopar na cultura popular. Abre o volume Cravos Vermellos que moi posibelmente sexa o relato de Howard máis adaptado e seguimos cun Conan que xa é rei de Aquilonia. Do mellor da saga, una mágoa ter so un volume máis por diante.