Nesta lista vou ir engadindo os libros que vamos lendo no Club de Lectura de Ribeira. O Club de Lectura de Ribeira é un club libre e autoxestionado que adoita xuntarse cada último xoves do mes. As lecturas son propostas polas propias participantes. Leemos as obras máis votadas entre as propostas. O club tivo a súa primeira xuntanza o 3 de decembro de 2008 como o club da ANPA Caramecheiro do IES número 1 de Ribeira. Dende entón estamos lendo un libro cada mes case sen interrupción (agás algún mes de vacacións que tomamos nalgún verán). Unha magoa, mais non temos rexistro de tódolos libros lidos. Foron moitos. Nalgún deles acompañounos o seu autor, como no ano 2008 que contamos coa presenza de Sechu Sende.
Club de lectura de Ribeira Public
Created and curated by Jorganes
-
A agonía das folerpas by Óscar Reboiras Loureiro
4 stars
II Premio de Novela Galicia Rural 2022. A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de …
-
SARELA by Marga Tojo
Unha xornalista de volta en Compostela, un trompetista, o cadáver dunha muller no río Sarela, unha forense que foi psiquiatra, …