ghose 📚 reviewed Entre los muertos by Stanisław Lem (Tiempo no perdido, #2)
pois si, é duro
4 stars
Comeza o libro moi ben, cunha especie de descrición do nacemento da autoconsciencia, do despertar da persoa como tal, da diferenciación do seu pensamento e consciencia como individuo e a superación do instinto animal.
Continúa con historias paralelas das que coñecemos, ou dase por sobrentendido, o contexto no que se desenvolven os acontencementos.
Conflúen, ou son tanxentes, as historias e personaxes cara un final que por sabido non deixa de ser terrible, non importa cantas veces o vexas descrito, con formas e detalles diferentes.
La conciencia sumergida en el sueño experimenta una pérdida de sufrimiento igual… al peso… de la muerte… desalojado por la misma…
Ao longo da novela o autor presenta na boca dalgún personaxe reflexión que lida 80 anos despois non deixa de afondar no concepto «está tó inventao», falando da condición humana e en relación á nósa condición social e aos «instintos» dos que fala …
Comeza o libro moi ben, cunha especie de descrición do nacemento da autoconsciencia, do despertar da persoa como tal, da diferenciación do seu pensamento e consciencia como individuo e a superación do instinto animal.
Continúa con historias paralelas das que coñecemos, ou dase por sobrentendido, o contexto no que se desenvolven os acontencementos.
Conflúen, ou son tanxentes, as historias e personaxes cara un final que por sabido non deixa de ser terrible, non importa cantas veces o vexas descrito, con formas e detalles diferentes.
La conciencia sumergida en el sueño experimenta una pérdida de sufrimiento igual… al peso… de la muerte… desalojado por la misma…
Ao longo da novela o autor presenta na boca dalgún personaxe reflexión que lida 80 anos despois non deixa de afondar no concepto «está tó inventao», falando da condición humana e en relación á nósa condición social e aos «instintos» dos que fala nese despertar inicial.
Pode que, por libros e historias como esta, os libros de zombis, as películas de superheroes, e toda esa trangallada hiperviolenta non só me parezan pacotilla comparada coa realidade da nósa historia, se non que rozan a falta de respeto polo que teñen de normalización violenta, como escoitar a determinados responsables políticos, normalizando conceptos que non fai moito eran tabú.
en ese momento, [...] se dio cuenta con una claridad deslumbrante de lo lejos que se habían adentrado ya en las profundidades del horror, incluso ellos, incluso los que luchaban contra el fascismo; unos años antes nadie habría podido escuchar esas cosas sentado tranquilamente y fumándose un cigarrillo. Le pareció que aquello comportaba un repugnante y perverso triunfo del fascismo, que, si bien acabaría derrotado, dejaría tras de sí la memoria de lo que un ser humano podía hacerle a otro ser humano, y nadie, nunca, tendría derecho a callar al respecto.
Párrafo dedicado, con tristeza, al común de lo que se consideran redes sociales (en internet).
O libro en si non me entusiasmou. Creo que me costou moito distinguir e caracterizar a todos os personaxes. Formalmente creo que ten moito mérito, pois todo cadra no seu sitio e o recurso de usar a avaricia (inmobiliaria) para situar moito da trama nun bloque de pisos é inxenioso.