Nacho reviewed Conan 2 by Robert E. Howard (Biblioteca Howard Dixital, #2)
Pura aventura (pode conter trazas de racismo)
4 stars
Segundo volume da compilación cronolóxica dos relatos de Conan que Urco sacou en papel hai xa uns anos e que agora colgaron de balde na súa web. Coma sempre neste autor hay que afrontar a obra sabendo que vas ler unha e outra vez a Howard teimar sobre as razas, a pureza das razas, as razas superiores e inferiores, etc. Ademais, lido con ollos desde século un non pode evitar atopar nestes relatos mostras dun proto-incelismo no que as mulleres nada máis coñecer a Conan saben identificalo como un alfa e caen namoradas del no mesmo intre no que o ven. Pero unha vez deixas de lado eses problemas Conan é puro pulp, pura diversión e aventura. Neste volume temos dous dos que posíbelmente sexan os relatos más coñecidos da personaxe: A raíña da Costa Negra e Nacerá unha bruxa. Ademais prestoume moito A sombra deslizante onde a influencia do …
Segundo volume da compilación cronolóxica dos relatos de Conan que Urco sacou en papel hai xa uns anos e que agora colgaron de balde na súa web. Coma sempre neste autor hay que afrontar a obra sabendo que vas ler unha e outra vez a Howard teimar sobre as razas, a pureza das razas, as razas superiores e inferiores, etc. Ademais, lido con ollos desde século un non pode evitar atopar nestes relatos mostras dun proto-incelismo no que as mulleres nada máis coñecer a Conan saben identificalo como un alfa e caen namoradas del no mesmo intre no que o ven. Pero unha vez deixas de lado eses problemas Conan é puro pulp, pura diversión e aventura. Neste volume temos dous dos que posíbelmente sexan os relatos más coñecidos da personaxe: A raíña da Costa Negra e Nacerá unha bruxa. Ademais prestoume moito A sombra deslizante onde a influencia do seu amigo Lovecraft é notábel. Moi boa lectura para rematar este ano :)